top of page

Nova edición do campus de fútbol de verán en Oroso


ree

O Concello de Oroso acolleu esta mañá a presentación do novo campus de futbol de verán, que organiza a Fundación Celta de Vigo mediante un convenio coa ED Xuventude Oroso e a colaboración do Concello de Oroso. Terá lugar entre o 28 de xuño e o 2 de xullo. Poderán participar nenos e nenas de entre 4 e 16 anos no Campo Municipal Lino Balado de Sigüeiro.


Participaron na presentación Germán Arteta, director da Fundación Celta; Manu Gómez, coordinador do campus da Fundación Celta; José Ferro, presidente da ED Xuventude Oroso; Tonecho Liñares, presidente do Sigueiro FC, e Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso.


“Unha cita xa tradicional para Oroso, un concello moi comprometido co deporte nas súas diferentes modalidades", explicou Antonio Leira", quen lembrou que "1.500 persoas practican algún deporte federado" e prometeu seguir "mellorando as instalacións para que a cifra siga crecendo”.

Comentarios


bottom of page