top of page

Novas medidas en Trazo



Esta madrugada entraro en vigor as modificacións no DOG que afectan particularmente a Trazo. O Concello pide non baixar a garda e continuar aplicando as medidas de prevención individual (uso da máscara e mantemento da distancia interpersoal).

Quedan sen efecto as medidas máis restritivas dos anexos II e III da Orde do pasado 4 de novembro, pasando a aplicar as contidas no anexo I:

- Permítese a mobilidade por toda Galicia, excepto naqueles concellos con peche perimetral (aos que só se permitirá o desprazamento nos casos previstos).

- Permítese a reapertura da hostalería, con aforo reducido ao 50% e a prohibición do consumo en barra. Nas terrazas, o aforo será do 75%.

- As reunións de non convivintes serán de 6 persoas como máximo.

- Velorios: en espazos ao aire libre o aforo máximo será de 25 persoas; en espazos pechados, de 10, conviventes ou non.

- Mantense o toque de queda entre as 23:00h e as 06:00h.

Comments


bottom of page