Vinte e catro horas despois de descender de alerta vermella a laranxa por incidencia de COVID-19 no mapa semáforo da Xunta, o municipio de Ordes volve baixar un nivel e sitúase en alerta amarela con base nos casos que se detectan cada semana. Isto significa que están a ser atopados de 7 a 14 casos por semana vía PCR. O Concello de Ordes informou nas últimas horas dun novo positivo e de tres altas hospitalarias na localidade, o que deixa a cifra de casos activos en 26, dous menos que a fins da semana pasada. Neste momento non hai ningún paciente hospitalizado.
O resto da comarca mantense sen cambios. Cerceda e Oroso en amarelo xunto a Ordes, e tanto Tordoia como Trazo, Mesía e Frades en verde (ata sete casos novos por semana).
Σχόλια