Novo rexeitamento aos recortes no ensino no CPI Ponte Carreira
- Crónicas da comarca
- 2 sept 2021
- 1 Min. de lectura

As familias do CPI Ponte Carreira concentraranse este sábado 4 de setembro, ás 12:00 horas, diante do centro educativo de Frades para manifestar o seu rexeitamento a xuntar o alumnado de 4º e 5º de infantil nunha unidade mixta ao suprimir un docente.
O Goberno local anunciou o seu apoio. Xa o pasado mes de xuño a Alcaldía emitiu un decreto de total apoio á ANPA e aos pais e nais afectados por esta decisión. Integrantes do Goberno Municipal sumaranse este sábado á concentración.
Comments