top of page

O 3 de febreiro comeza no Centro Cultural o ciclo "HumOroso"

Actualizado: 31 ene 2023




O novo auditorio do Centro Cultural Fernando de Casas Novoa de Sigüeiro acollerá os venres 3, 10 e 17 de febreiro e o venres 3 de marzo o primeiro ciclo de monólogos e espectáculos de humor “HumOroso”, que contará coa participación de artistas galegos de renome como Carlos Blanco; Federico Pérez e Marcos Pereiro; Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro; e David Perdomo.


O alcalde, Luis Rey, destacou “o compoñente de solidariedade que o goberno local sumou a este ciclo, xa que a recadación de cada función doarase na súa totalidade a colectivos que están a desenvolver un gran labor social nos seus respectivos ámbitos”.

Comments


bottom of page