O alcalde de Pontedeume presenta 1.600 avais para dirixir o PSOE provincial
- Crónicas da comarca
- 10 ene 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 11 ene 2022

O alcalde de Pontedeume e candidato á secretaría provincial do PSdG-PSOE, Bernardo Fernández Piñeiro, presentou esta mañá 1.600 avais na sede do PSdeG-PSOE na compostelá Rúa do Pino.
Fernández agradeceu "o apoio dos máis 1.600 compañeiros e compañeiras que avalaron e seguen a avalar a estas horas a nosa candidatura, o mellor combustible para iniciar este proceso de primarias no que percorreremos a provincia para explicar o noso proxecto". Asegurou que o seu proxecto "nace do municipalismo", e que sabe "o que é comezar desde abaixo e coñecer os problemas reais de persoas con nome e apelidos".
"Vamos comezar unha campaña constructiva para percorrer toda a provincia. Vémonos nos encontros coa militancia", prometeu o candidato.
Comments