top of page

O BNG pide que se retome o curso municipal de habilidades sociais en Ordes



O BNG de Ordes solicitou hoxe ao Concello que cubra a baixa do persoal para retomar o curso de habilidades sociais. O portavoz nacionalista, Pablo Vidal, indicou que no seu partido recibiron "queixas ao respecto do curso de habilidades sociais, no que o alumnado leva tres semanas sen poder acudir ao servizo”.


O portavoz rexistrou no Concello unha solicitude onde demanda ao goberno municipal “levar a cabo as actuacións precisas para cubrir a baixa da persoa traballadora, de xeito que o curso de habilidades sociais poida retomar, canto antes, a súa actividade”.


Comentarios


bottom of page