O concello afirma que as obras nas rúas de Sigüeiro mellorarán a seguridade viaria
- Crónicas da comarca
- 28 oct 2020
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 4 nov 2020

A Concellaría de Obras está realizando esta semana traballos para a renovación do pavimento en varias rúas do casco urbano de Sigüeiro.
Esta actuación forma parte do plan integral de mellora e renovación dos servizos e infraestruturas de Oroso, tanto no centro urbano como nas parroquias. Cos traballos, "renovaremos o firme deteriorado das rúas, o que suporá unha mellora na seguridade, tanto dos vehículos como dos peóns" afirma o Goberno nun comunicado. O mantemento e a mellora das condicións das vías e camiños municipais "é unha prioridade" para o grupo de goberno. Os traballos realízanse nas seguintes rúas e prazas: -Praza Isaac Díaz Pardo. -Lenguelle. -Cultura. -Rúa Tambre. -Batalla. -Portiño. -Zona de Alexandre Bóveda.




Comentarios