O Concello de Cerceda reclama "igualdade e feminismo" polo 8 de marzo
- Crónicas da comarca
- 8 mar 2022
- 1 Min. de lectura

O Concello de Cerceda conemorou hoxe o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, coa lectura dun manifesto diante da Casa do Concello, pedindo que "o 8 de marzo siga vivo, hoxe máis que nunca, dende Cerceda en irmandade con todos os recunchos do mundo" e reclamando "igualdade e feminismo".
A exposición "As Mulleres que nos constrúen" estará durante o mes de marzo na Biblioteca de Cerceda, na aula de exposicións Xosé Neira Vilas. O horario de luns a venres será de 16 á 21 horas, e os sábados de 10 á 13 horas.
Comments