O Concello de Ordes alerta aos veciños sobre roubos en pisos
- Crónicas da comarca
- 14 dic 2021
- 1 Min. de lectura

O Concello de Ordes manifestou hoxe que, ante a vaga de roubos no interior de vivendas do casco urbanos, recomenda encarecidamente á veciñanza extremar as precaucións no coidado dos inmobles. Neste sentido, o Concello remítese ás recomendacións dadas polos corpos policiais e de seguridade.
Entre estas, salientan verificar que a porta de acceso queda pechada, mesmo con dobre volta de chave, e, no caso de observar anomalías ou marcas nas proximidades das vivendas, alertar á policía. Igualmente, débese dar alerta ao detectar a presenza de estraños na área se amosan condutas sospeitosas. Lembran que o tempo de reacción é moi importante nestes casos.
O teléfono de contacto da Policía Local é o 676 975 533, e pódese localizar á Garda Civil de Ordes chamando ao 981 680 030.
Comments