
O Concello de Ordes chama á veciñanza a coidar e manter limpos os espazos públicos do municipio, lembrando que o punto limpi e os contedores adecuados son o lugar onde depositar os refugallos. Lembran que os vertidos ilegais poden acarrear multas de ata 3.000 euros ou mesmo penas de cárcere para infractores reincidentes.
Sobre a recollida de voluminosos, lembran que se fai os primeiros luns de cada mes en Ordes e o segundo nas parroquias, agás no caso de luns festivos cando a recollida se pasa sempre para o seguinte luns.
Dende o Concello lamentan que siga habendo persoas "cun respecto mínimo polos demais e pola nosa contorna". Animan á veciñanza a denunciar infractores chamando á Policía Local (676 975 533) ou á Garda Civil (981 680 030).
Comments