O Concello de Oroso pide cumprir rigorosamente as normas tras medraren os casos de COVID-19
- Crónicas da comarca
- 16 mar 2021
- 1 Min. de lectura

O Concello de Oroso tivo hoxe coñecemento, a través da xerencia da área sanitaria, de que o número de casos positivos no municipio pasou de cero a oito en moi poucos días.
Dende o Concello consideran "moi preocupante" este este cambio repentino da situación epidemiolóxica e chaman á veciñanza a cumprir de forma rigurosa as medidas e recomendacións "ou o gromo irá a máis, co que será necesario aumentar as restricións e dar de novo pasos atrás".
Lembran medidas básicas vixentes, como que os locais de hostalaría deben precintar as mesas que non poidan usarse e utilizar o mesmo espazo para as terrazas que tiñan antes da pandemia. Ademais, deben indicar de forma clara o seu aforo e a prohibición de fumar.
Os clientes deben tamén respectar as normas, non fumar, sentarse como máximo catro persoas por mesa e non invadir as beirarrúas.
Os establecementos comerciais deben tamén respectar as limitacións de aforo. Polo que respecta á veciñanza, só están permitidas as reunións na vía pública dun máximo de 4 persoas, con máscara e respectando todas as medidas sanitarias.
O Concello advirte de sancións aos que non respecten as restricións, xa que "está en xogo a saúde de todos e a reactivación da economía".
Comments