Segundo informa o Concello de Oroso, nas últimas horas foron depositados de novo na rúa materiais e enseres. Nesta ocasión foi na zona de Porto Avieira. O Concello fai un chamamento á responsabilidade de toda a veciñanza para que non depositen lixo, restos de poda ou cartón na rúa.
Igualmente, dende a Administración local lembran que existe un servizo de recollida e un punto limpo no Polígono de Oroso Pequeno aberto todos días. "Pedimos encarecidamente a colaboración dos veciños e veciñas de Porto Avieira e de todo o concello para denunciar estes feitos que van contra a saúde, limpeza e decoro de todo un pobo", sinalan fontes municipais.
O Concello segue a manter a recollida de voluminosos o primeiro sábado de cada mes e o punto limpo permanece aberto de luns a venres de 14:30 a 18:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.
Comments