O Concello de Oroso reclama "apurar o paso" polos dereitos das mulleres
- Crónicas da comarca
- 8 mar 2022
- 1 Min. de lectura

Este mediodía, o Concello de Oroso celebrou o acto central do 8M coa lectura do manifesto institucional nunha concentración diante da Casa do Concello. "Hai que apurar o paso, está indo demasiado lento e estamos fartas de ter que sair á rúa ano tras ano pedindo o que por dereito nos pertence, queremos os nosos dereitos e querémolos xa", manifestou a concelleira de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística, Isabel Fernández.

Comments