O Concello recepciona as obras de reforma do renovado Edificio Social de Xesteda en Cerceda
- Crónicas da comarca
- 17 oct 2022
- 2 Min. de lectura

O Concello de Cerceda recepcionou hoxe as obras de renovación do interior do edificio municipal que se atopa preto da área recreativa de Xesteda para convertilo nun Centro Social e Cultural. Sinalan que a través deste proxecto pretenden "dinamizar a parroquia, dando servizo e actividade á súa poboación cunha instalación acorde ás necesidades demandadas pola veciñanza".
As obras tiveron un investimento de 131.658,90 euros, dos que 77.798,00 euros foron aportados polo Instituto Para la Transición Justa (ITJ) e o resto o AGADER e fondos municipais.

O edificio acollerá de agora en adiante actividades de todo tipo e para todas as idades de diversa índole: culturais, educativas, lúdicas ou asociativas. Na actualidade, a parroquia notiña ningún espazo habilitado para estes actos. Moitas das actividades estaránas protagonizado pola Asociación de Mulleres da parroquia.
Obras
Os traballos actuaron no acceso cara o primeiro andar polo baixo provindo dende o exterior. No tocante ao interior, adecuáronse espazos como o vestíbulo de acceso, o aseo da planta baixa, o almacén do mesmo andar, o vestíbulo e o aseo da primeira planta e as dúas salas multiusos do primeiro andar.

Tamén se executaron todos os acabados interiores, en tarima de madeira laminada nas salas multiusos do primeiro andar, e en gres cerámico nos restantes espazos. Colocáronse elementos de illamento térmico nas fachadas e realizouse unha renovación total da carpintaría e executaranse as instalacións de fontanaría, saneamento, baixa tensión e alumeado.

O alcalde, Juan Rodríguez, remitiuse á celebración do Día da Muller Rural o pasado sábado para pór envalor unhas obras "coas que queremos dinamizar a vida asociativa, cultural e lúdica de Xesteda en particular e do noso municipio en xeral". "Aquí en Xesteda temos unha Asociación de mulleres que levarán a maioría do peso na programación que acolla esta renovada edificación”, engadiu o rexedor. Rodríguez asegurou que durante o actual mandato a parroquia de Xesteda viviu un "impulso" en "distintos ámbitos".
Comments