top of page

O deporte de Ordes estivo presente en Nerja e Tarragona


O equipo feminino S14 do Atlética A Silva-Ordes desprazado a Nerja finalizou a súa participación no Campionato de España S14 na vixésimo terceira posición. O Concello considera "excelente" a actuación das atletas participantes "que volven con moitas mellores marcas persoais". No campionato tomou parte tamén o MillaRaio (Ames), o equipo co que participou Alejandro González, quedou clasificado en 12 posición.

Por outro lado, María Pena claificouse sétima no Campionato de España S18 que tivo lugar en Tarragona.

Comments


bottom of page