top of page

O ordense Mateo Boudjenane, bronce en taekwondo nos MultiEuropean Games de Bulgaria


O deportista de Ordes Mateo Boudjenane acadou unha medalla de bronce en Taekwondo nos MultiEuropean Games de Bulgaria, clasificándose para o Campionato de Europa Sub21.


Na categoría de -63 kg, superou en primeira rolda ao representante de Grecia; na segunda rolda ao de Ucraína, que fora campeón do mundo cadete 2019; e cedeu na final pola mínima fronte ao seu competidor da federación murciana.


O Campionato de Europa Sub21 celebrarase no mes de outubro en Albania.


Case unha vintena de medallas para o club

Pola súa banda, o club Boudsport, cun total de 19 medallas das cuales 9 foron de Ouro,4 de Prata e 6 de Bronce, dominou o Campionato provincial de combate en idade escolar, que forma parte do programa Xogade que se celebrou no Pavillón municipal de Betanzos.Os 19 medallistas lograron así a sus clasificación directa para o cpto autonómico de deporte escolar que se celebrará en Pontevedra o proximo 18 de Xuño en Pontevedra.

Foron medallas de ouro Severyn Horchko, Manuel Figueira Linares, Juan Camilo Barragán Panqueba, Luis Fero Gómez, Venus Vilaseco Ogala, Uxia Castro Rodríguez, Sara Juncal Marzoa, Noelia Juncal Marzoa e Luana Jaku del Río.


Acadaron a medalla de prata Samuel Pardo Cantero, Zef Jaku del Río, Gonzalo Bermúdez Couselo e Noa Villaverde Rey. As medallas de bronce foron para Samuel Calviño Ferreiro, Alex Vilariño Fernández, Hugo Calviño Ferreiro, Mateo Fernández Marzoa, Dunia Figueira Mosquera e Sheila del Río López.



Comments


bottom of page