top of page

O PP considera "unha chapuza" o asfaltado tras as obras do Campo de Cabanas (Oroso)



O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Oroso reclamou hoxe a través do seu portavoz, Alexander Doval, que o Goberno Local rectifique e proceda a asfaltar as pistas por onde se pasou a auga e o saneamento no Campo de Cabanas e aledaños na parroquia de Oroso.


O líder popular refiriuse ao remate das obras como unha "chapuza". Doval asegura que “non é normal que a capa de rodadura da estrada estea peor agora do que estaba antes de facer a actuación na que se investiron 72.299 €”, mentres que reafirmou o seu apoio á extensión de servizos ao rural.


Para o PP de Oroso, a responsable non é a empresa, xa que o proxecto inicial non contemplaba levantar a capa de rodadura e prevía que a auga e saneamento fosen pola cuneta. Consideran que o Concello debeu elevar a partida orzamentaria. Neste sentido, lembran que a obra foi licitada en outubro de 2019 por máis de 94.000 €.

Comments


bottom of page