O PP de Oroso acusa ao Goberno local de "desidia" fronte ao paro
- Crónicas da comarca
- 3 jun 2022
- 1 Min. de lectura

O PP de Oroso criticou hoxe que o Goberno local non teña solicitado á Xunta obradoiros de emprego dende o ano 2010. O portavoz popular, Alexander Doval, lembra que hai 337 persoas desempregadas no concello e sitúa a loita contra o paro como unha das "prioridadea" que debera ter Oroso.
Os obradoiros da Xunta ofrecen adquirir formación nun oficio ao tempo que se levan a cabo tarefas en beneficio de espazos e institicuións públicas. As persoas participantes reciben certificados de validez en toda España. Ademais poden combinar un contrato de formación e aprendizaxe con outro de prácticas nunha empresa do municipio.
“Mentres outros concellos da comarca, como Frades, Ordes e Mesía, formará a 20 desempregados, durante nove meses con outros tres de prácticas por valor de 570.000 euros para a posta en valor das áreas recreativas de Abellá, Ledoira, Céltigos e Aiazo, en Oroso temos que sorportar como o executivo local rexeita unha e outra vez esta posibilidade sen dar ningún tipo de explicación”, asegura Doval. O popular lembra que a Xunta aprobou todas as demandas dos concellos que o solicitaron.
O representante do PP considera esta unha actitude de "desidia" do Goberno local, e critica que dende este se acuse á Xunta de discriminar a Oroso.
Por último o popular agradeceu o traballo da Mancomunidade de Ordes, que xestionou un obradoiro conxunto dentro do Programa de Garantía Xuvenil para 16 alumnos, 5 deles de Oroso, nas especialidades de albanelería e carpintería -que se impartirá en Oroso-.
Commentaires