top of page

O PP quere un plan provincial para a rede de auga dos pequenos municipios



O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña levará ao pleno deste venres unha moción na que insta o executivo provincial a que dote de fondos un plan que permita a implantación, renovación e mellora da rede de abastecemento e saneamento dos concellos de menos de 20.000 habitantes.


“A pandemia da Covid-19 ten posto de manifesto a importancia vital do saneamento, a hixiene e un acceso adecuado a auga limpa para previr e conter as enfermidades”, apuntan os populares, que consideran esencial impedir a contaminación da auga, e subliñan a necesidade de que as augas residuais sexan depuradas antes de ser vertidas.


“Estamos a falar de infraestruturas que en moitos casos envellecen por falta de investimento na súa renovación e mantemento. Por iso, para aumentar a eficiencia nos servizos de abastecemento e saneamento é necesario un aumento de investimento tanto en mantemento, como na renovación e na súa mellora”, apuntan s.



Comments


bottom of page