O programa 'Coidados porta a porta' enche todas as prazas en Frades
- Crónicas da comarca
- 4 oct 2022
- 1 Min. de lectura

O autobús do programa "Coidados porta a porta" estará ata o xoves6 de outubro na praza pública de Ponte Carreira ofrecendo aos maiores da localidade servizos gratis de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria, informan dende o Concello. Nesta ocasión, esgotáronse todas as prazas, pero haberá outra visita do servizo no mes de xaneiro.

O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro Marzoa, visitou as instalacións para comprobar sobre o terreo a boa acollida desta iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Commentaires