top of page

O transporte metropolitano enfronta ao PP e ao goberno de Oroso




O PP de Oroso reclamou recentemente a celebración dun pleno extraordinario para tratar o plan de transporte metropolitano. O grupo de goberno do Concello decidiu posicionarse publicamente onte á tarde sobre esta cuestión. Neste sentido, sinalaron que "non deixa de resultar curioso que o señor Doval pida un pleno extraordinario para falar dun problema xerado pola Xunta de Galicia, que é a responsable do transporte metropolitano".


Aseguran que dende o Goberno local traballan "desde o momento no que se coñeceu o novo plan de transporte metropolitano, dependente da Xunta de Galicia, na mellora do servizo e das súas liñas, xa que non fai o mesmo percorrido que outros anos".


Puntualizan que "non é verdade, e o PP de Oroso o sabe perfectamente, que o Concello de Santiago se niegue a aumentar as paradas de transporte metropolitano no casco urbano" e recordan que "de feito, o Concello de Santiago fixo unha proposta concreta, pendente a día de hoxe de aprobación por parte da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta, que inclúe novas paradas no centro da cidade".


"Non é de recibo que hai menos dunha semana o señor Doval non dixera nada deste asunto no pleno ordinario e pida agora un pleno extraordinario, metendo ao concello nun gasto para a súa celebración", lamentan. Fronte a isto, aseguran que "o grupo de goberno de Oroso seguirá traballando para mellorar o servizo, dando resposta ás demandas dos veciños e veciñas de Oroso".


Comments


bottom of page