Obradoiros para coidadoras familiares en Cerceda
- Crónicas da comarca
- 29 ago 2022
- 1 Min. de lectura

Un ano máis, dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerceda, dentro do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural, en colaboración coa Fundación Mujeres, impártense uns talleres para mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares. A Deputación da Coruña financia esta iniciativa.
Os obradoiros levaranse a cabo cada martes de 10:30h a 12:30h entre o 13 de setembro e o 25 de outubro. Terán lugar no Viveiro de Empresas no Polígono do Acevedo. As prazas, limitadas, abren hoxe, luns 29 de agosto.
Pódese solicitar máis información chamando ao 981 68 60 68 de 9h a 13h. As prazas son limitadas.
Comments