Obradoiros para coidadoras familiares en Ordes
- Crónicas da comarca
- 1 sept 2021
- 1 Min. de lectura

O CIM Mancomunidade de Ordes e a Mancomunidade de Ordes colaboran nuns obradoiros para mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares no rural, que terán lugar entre o 23 de setembro e o 25 de novembro no Museo do Traxe de Ordes. A actividade realízase dentro do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras do Medio Rural, financiado pola Deputación da Coruña, e en colaboración coa Fundación Mujeres. É un servizo gratuíto.
Para información e inscricións están habilitados o teléfono 981 68 21 08 e o email
cim@mancomunidadedeordes.gal.
Comments