O Concello de Cerceda anunciou hoxe o comezo dos traballos de instalación de 400 metros de nova rede de saneamento na rúa Acevedo. Os traballos, financiados con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña, contan cun orzamento de 50.000 euros.
A actuación incluirá tamén a instalación de 7 pozos de rexistro, a posta a cota dunha lousa de formigón existente para o cruce dun rego e a reposición do pavimento afectado.
Do mesmo xeito, estanse a desenvolver labores na rede de saneamento de Xesteda ata o núcleo da Picota e a actuación incluirá a renovación do colector de saneamento da rúa Mesón nun treito de 49 metros desde o núcleo de Cerceda.
Comentários