top of page

Ordes atrasa a apertura da piscina



O Concello de Ordes, logo de avaliar a actual situación sanitaria, decidiu adiar a reapertura da Piscina Climatizada Municipal "Iván Raña Fuentes" ata o día 15 de outubro, sinalando que con esta decisión pretende "ofrecer o mellor servizo e garantía sanitaria aos seus usuarios e usuarias".

O comezo do primeiro trimestre para os cursos de natación atrásase igualmente ao 15 de outubro, modificándose tamén a data de finalización, que será o vindeiro 15 de xaneiro.

Comments


bottom of page