O Concello de Ordes fixo públicos hoxe pola mañá os datos da comisión municipal de seguimento da COVID-19. Sinalou que a incidencia acumulada do virus é de 0,1572 casos activos por cada 1.000 habitantes. Hai dous casos activos en illamento domiciliario a día de hoxe, e catro trasladados fóra do Concello. Ata agora houbo 66 positivos, e déronse 60 altas. Fixéronse 1.831 PCR dende comezos de agosto, co resultado de 50 casos positivos (un 2,73%).
Comments