O Concello de Oroso acenderá o seu tradicional alumeado de Nadal mañá, venres 3 de decembro.O Concello quere sorprender á veciñanza "cun alumeado especial e variado, con elementos novos e coa intención de que Oroso viva unhas festas especiais", indican.
“Que ningún veciño ou veciña teña dúbidas, o concello quere que Oroso disfrute do Nadal, coidándonos entre todos e con precaución, pero sen esquecer que son unhas datas moi especiais, sobre todo para os máis pequenos”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde.
Comments