top of page

Oroso celebrou a Festa da Matanza de Trasmonte


Onte celebrouse o colofón da presente edición do 'Vai de Feira' coa celebración da matanza de Trasmonte, en Oroso. As persoas asistentes puideron gozar dunha xornada festiva na que, como non podía ser doutro xeito, o cocido foi o gran protagonista. Dende o Concello de oroso salientan o "gran ambiente" e agradecen a colaboración da Asociación de Veciños Pena do Tesouro de Trasmonte, a Mancomunidade de Ordes e os grupos folclóricos.



Comentarios


bottom of page