top of page

Oroso, Cerceda e Tordoia encabezan a incidencia acumulada de COVID-19 na comarca de Ordes



A Xunta actualizou esta mañá o seu mapa de incidencia acumulada de COVID-19 e de novos casos detectados ao longo de 14 días en cada concello galego. No caso da comarca de Ordes, Cerceda acumula o maior número de novos casos -35, cunha incidencia por riba dos 250 casos por cada 100.000 habitantes. Os outros dous concellos que se sitúan por riba dese umbral de incidencia son Tordoia (14 casos en 14 días, con exactamente 12 casos positivos identificados a data do 26 de novembro) e Oroso (21 casos en 14 días).


Pola súa banda, Ordes rexistrou 27 casos neste período de tempo, cunha incidencia entre 150 e 250 casos por cada 100.000 habitantes. O Concello declarou o pasado venres 27 coñecer 22 casos activos no municipio, logo de producirse cinco altas e un novo positivo.


A mesma incidencia que Ordes rexistrána Frades e Mesía, que detectaron de 1 a 9 casos. No caso de Frades, o número concreto coñecido o pasado venres era de 5 casos -cunha alta e unha nova detección-.


Trazo é o concello que amosa mellores cifras, cunha incidencia de 25 a 50 casos por 100.000 habitantes e de 1 a 9 casos detectados nestas dúas semanas.





Comments


bottom of page