Oroso estrea unha sala intelixente 24 horas na Biblioteca
- Crónicas da comarca
- 30 dic 2022
- 1 Min. de lectura

O alcalde de Oroso, Luis Rey, acudiu na noite de onte xunto con outros membros do goberno local á estrea da nova "sala intelixente" situada na Biblioteca Municipal de Sigüeiro. Esta infraestrutura funciona xa con horario permanente de 24 horas ao día 365 días ao ano.
A sala conta cun sistema de apertura automatizado que permite o acceso en todo momento a través dun código numérico individual que a persoa interesada pode pedir gratuitamente na biblioteca. A sala conta con 26 postos de estudo, conexión por wifi e sistema de videovixilancia.
Luis Rey explicou que esta sala é unha "iniciativa pioneira" que se dirixe fundamentalmente aos "estudantes e opositores". Implántase en Oroso, asegurou, "a proposta dun grupo de mozos". O alcalde pediu que se divulgue a existencia deste servizo entre o estudantado.
Comentários