Oroso outorga as axudas a deportistas individuais
- Crónicas da comarca
- 18 ene 2022
- 2 Min. de lectura

O Concello de Oroso arrinca o ano coa entrega das bolsas de axuda a deportisas individuais. Os deportistas beneficiados por estas bolsas son Valeria Guridi (atletismo); Martín Fernández (tenis de mesa); Pablo Figueira, Sara Soneira, Sara Gacio e Sara Juncal (taekwondo); Uxío Pampín e Esteban Rodríguez (tenís de mesa), e Sara Domínguez (patinaxe).
“Queremos recoñecer a dedicación e o traballo destes deportistas, agradecendo tamén o gran esforzo que as súas familias fan a diario; trátase de bolsas para fomentar a práctica deportiva e a súa participación nas competicións oficiais”, explica Antonio Leira, concelleiro de Deportes.
Salientan dende o Goberno municipal que con estas bolsas, o Concello "mantén a súa aposta polo deporte local". Estas bolsas únense á renovación, o pasado mes de novembro, dos convenios de colaboración que o Concello mantén cos diferentes clubs deportivos do municipio para impulsar as súas actividades.
Coa renovación dos convenios, o concello dalle un marco formal ao uso e cesión das instalacións municipais, así como á colaboración entre concello e entidades deportivas á hora de organizar actividades e compartir recursos.
“Teño que agradecer a colaboración constante dos clubs, cos que mantemos un contacto permanente xa que nos une un obxectivo común: que cada vez sexan máis os veciños e veciñas que practican deporte en Oroso”, engade Leira.
“Estamos moi comprometidos desde hai anos, 1.500 persoas practican deporte a diario en Oroso de forma federada e outras moitas persoas pola súa conta, somos referente neste tema e queremos seguir por este camiño”, asegura pola sua parte o alcalde, Luis Rey Villaverde.
Ademais destas axudas, o Concello conta con outras anuais que cobren os desprazamentos en autobús das escolas deportivas locais cando participan nalgunha competición fóra de Oroso.
Yorumlar