Oroso para as actividades deportivas e culturais
- Crónicas da comarca
- 30 oct 2020
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 4 nov 2020

O Concello de Oroso, para preservar a saúde da veciñanza e como medida de prevención para frear o ritmo de contaxios, tomou onte a decisión de aprazar as actividades deportivas municipais e os obradoiros culturais 2020/21. Fíxoo logo de saber que o municipio baixaba un grao no nivel de alerta epidemiolóxica, situándose en amarelo (7-14 casos por semana).
As limitacións para celebrar reunións impostas en toda Galicia e a necesidade de evitar que a curva de contaxios medre levou ao concello a tomar esta decisión. As actividades retomaranse en canto a situación sanitaria o permita.
Polo momento, esta decisión non afecta aos espectáculos e actividades culturais que xa estaban programadas e anunciadas, como os obradoiros de Samaín de hoxe.
Continúan tamén polo momento os adestramentos e actividades deportivas federadas, aínda que a Concellería de Deportes de Oroso está en contacto permanente cos clubs e non se descartan medidas restrictivas, en función da evolución sanitaria e das limitacións á mobilidade que poidan tomar concellos limítrofes.
Todas as instalacións deportivas municipais pecharán ás 22:00 horas polo estado de alarma.
Desde o Concello de Oroso fan un chamamento á responsabilidade individual e a respectar todas as recomendacións sanitarias e de interacción social.
Comments