top of page

Oroso pon en marcha un programa de reforzo do alumnado de Primaria


Dende a Concellaría de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística do Concello de Oroso púxose en marcha un Programa de reforzo e apoio escolar destinado ao alumnado de Primaria. Esta iniciativa xorde da colaboración entre as orientadoras do CEIPP Camiño Inglés e CEIPP Sigüeiro e a educadora social do Concello.O obxectivo fundamental é favorecer a igualdade de oportunidades, proporcionando ao alumnado o apoio necesario para previr o fracaso escolar, así como a promoción de hábitos e actitudes positivas cara ao estudo. Será impartido por voluntarias de Voluntariado Oroso ás que o Concello agradece o seu compromiso.

Comments


bottom of page