top of page

Oroso promociona o consumo de peixe entre a mocidade



Os nenos e nenas participantes no Summer Camp realizaron na mañá de onte, 31 de agosto, unha actividade da campaña “Ti si que es un bo peixe!”. A campaña busca fomentar o consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura entre a poboación infantil e xuvenil, así como incidir na importancia dunha boa dieta.


Na actividade, os máis cativos e cativas aprenderon sobre as diferentes especies mariñas que consumimos en Galicia, sobre o seu hábitat, pesca e métodos de consumo. Todo isto fiado pola música, cunha canción creada para campaña que os máis pequenos non dubidaron en cantar.

Comentarios


bottom of page