top of page

Oroso reabre a piscina municipal o 15 de maio


O Concello de Oroso abrirá na segunda quincena de maio a piscina municipal, grazas á cuberta instalada o ano pasado que permite o uso das instalacións mesmo os días que o bo tempo non acompaña. “O concello ten como obxectivo que a veciñanza disfrute da piscina respectando as normas derivadas do coronavirus, xa que a saúde é o primeiro a día de hoxe”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Deportes.


A ocupación máxima será do 50%, cumprindo coas recomendacións sanitarias vixentes, e o horario de apertura das instalacións será de 16:00 a 21:00 horas do 15 ao 31 de maio (os sete días da semana). A partir do 1 de xuño, o horario é de 11:00 a 21:00 horas. Unha vez completo o aforo establecido, o usuario non poderá acceder á instalación ata que non saian outros usuarios.




Commenti


bottom of page