top of page

Oroso recibiu aos Reis Magos


Oroso recibiu onte a visita dos Reis Magos de Oriente. Pola mañá e despois de comer, estiveron no pavillón polideportivo, onde recibiron o saúdo do alcalde, Luis Rey Villaverde, e o conxunto da corporación municipal. Todos os nenos e nenas puideron pasar a estar un cacho con eles.


Os accesos e os aforos estiveron perfectamente controlados por persoal do concello e de Protección Civil para respectar os protocolos Covid-19.


A tradicional cabalgata comezou ás 18:00 horas. Os Reis Magos saíron do CEIP Camiño Inglés e fiixeron un percorrido pola N-550 (avenida de Compostela), avenida da Grabanxa, rúa do Deporte, rúa Pablo Iglesias e rúa do Camiño Inglés.


O Concello de Oroso quere agradecer o bo comportamento de todos os nenos e e nenas de Oroso, respectando sempre as medidas e evitando as aglomeracións.


“Despois dun ano no que tiveron un comportamento exemplar durante a pandemia, os nenos merecían unha boa cabalgata e poder saudar aos Reis Magos”, asegura Luis Rey.

Comments


bottom of page