Oroso recupera a Festa da Xuventude
- Crónicas da comarca
- 23 mar 2022
- 1 Min. de lectura

O Concello de Oroso recupera este ano a súa tradicional Festa da Xuventude, despois de dous anos de parón a causa da pandemia do coronavirus. Deste modo, o vindeiro xoves 14 de abril, a partir das 22h, actuarán as orquestras París de Noia e Finisterre na Alameda de Gois. Haberá un servizo de pulpeira.
“É un motivo de ledicia recuperar a normalidade despois da pandemia e a nosa programación habitual para a primavera e o verán”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde.
“A Festa da Xuventude é unha cita xa clásica no noso calendario, estamos convencidos de que esta edición será un éxito”, engade.
Commentaires