Oroso reparte 120.000 euros para cultura e deporte
- Crónicas da comarca
- 3 dic 2020
- 1 Min. de lectura

O Concello de Oroso resolveu a adxudicación de subvencións para actividades deportivas e culturais desenvolvidas por asociacións e entidades locais, ademais das destinadas a bolsas de estudo.
En concreto, serán 120.000 euros que recibirán, por un lado, as entidades cidadáns (culturais, comerciais, veciñais e Anpas), e por outra parte as asociacións deportivas. Este ano, ademais dos clubs, o concello concede bolsas para os deportistas individuais.
Con esta partida económica, o concello respalda a actividade do tecido asociativo local, fundamental en eidos tan importantes para o goberno local como a cultura e o deporte.
Ademais destas subvencións, o concello patrocina ou colabora con numerosas actividades ao longo do ano, como competicións deportivas, espectáculos culturais ou eventos organizados polo comercio local.
As asociacións, deportistas e estudantes que recibiron a subvención do concello teñen de prazo ata o día 14 de decembro para xustificar o destino das partidas.
Comentarios