top of page

Os Bombeiros de Ordes extinguen un incendio nunha vivenda en Oroso



Un home tivo que ser atendido polos servizos sanitarios de urxencia a causa dun incendio nunha vivenda de Oroso. De acordo coa información facilitada polos Bombeiros de Ordes, que se dirixiron ao punto nada máis ser alertados polo 112 Galicia, arderon a cociña e o salón do inmoble e unha outra estancia tamén resultou afectada.


Segundo puido saber o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o varón estaba durmido no momento dos feitos e a acumulación de fume no interior da vivenda acabou por espertarlle. Foron varios os veciños da zona os que chamaron ao 112 Galicia para comunicar os feitos sobre as 16:30 horas. No seu relato indicaban que vían saír fume dun edificio na Rúa Toxeira, en Sigüeiro, e que unha persoa pedía axuda desde unha ventá.

Deste xeito, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ordes e de Santiago e aos axentes da Garda Civil. Co fin de prestar asistencia sanitaria coa maior brevidade posible, o equipo médico informou ao 112 da mobilización ata o punto do helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero, finalmente, a súa intervención quedou descartada ao comprobar que o home atopábase ben. De feito, puido saír polos seus propios medios coa axuda dun veciño e foi atendido in situ polos profesionais sanitarios.

Cómpre sinalar que desde o 112 Galicia informouse igualmente aos membros de Protección Civil de Oroso.

Comments


bottom of page