top of page

Peche por obras no parque infantil Félix Rodríguez de la Fuente de Ordes



Seguindo coas obras xa anunciadas no parque infantil Félix Rodríguez de la Fuente, procederase ao peche dende o 1 ao 11 de agosto para cambiar a superficie de impacto a caucho continuo, segundo informou hoxe o Concello de Ordes. Labores que deben ser realizados coas superficies totalmente secas, de aí que teñen que ser realizadas nestas datas para máis garantías, aclaran. Solicitan que se desculpen as molestias ocasionadas.

Commenti


bottom of page