top of page

Probables cortes de luz por mantemento en Oroso o xoves 11



Co obxectivo de realizar traballos de mantemento na rede eléctrica, Oroso informou hoxe de que este xoves, día 11, quedarán momentaneamente fóra de servizo varias instalacións, o cal pode provocar interrupcións do subministro eléctrico.


Será de 4 a 5 da mañá total ou parcialmente en Piñeirón (avenida Castelao, Bloque Cinco da urbanización Porto Avieira), no bloque seis da mesma urbanización, e en Celso Emilio Ferreiro e Emilia Pardo Bazán, da mesma urbanización.


Posteriormente, de 5.30 a 6.30h da mañá. será en Sigüeiro -avenida Compostela nº34, Camiño Real nº 2 e 3, Concello nº1, Praza Isaac Díaz Pardo (do nº2 ao nº4) e 9703 , 9706 e 9779., en Río Lengüelle impares de 1 a 5, e Xuncal 1, 3, e 5 a 14.


O Concello roga que se desculpen as molestias ocasionadas.

Comments


bottom of page