A Silva Cerceda celebrou o domingo a quinta xornada de billarda, desputada no interior do pavillón da Silva ante a imposibilidade de facelo fóra pola choiva. A vitoria foi para Marco de Cochiqueiros de Cerceda, sendo segundo Abel Ponte de Campo da Feira de Paiosaco e terceiro Xan Rodiño de Lúa de Forza Sanxenxo. En Categoría Feminina venceu Sonia de Cochiqueiros, a segunda foi Merche de APB A Laracha e a terceira Raquel de Cochiqueiros.
En Categoría Infantil volveu gañar o invencible Valentín Pastoriza de Filloas de Sangue da Coruña. O segundo foi Aleixo de Cochiqueiros e terceiro Álvaro de Foucellas da Coruña.
Por Equipos, APB gañou a primeira xornada desta temporada por diante de Campo da Feira e de Cachorros. A próxima xornada será en Sada o 19 deste mes.
Comments