top of page

Rematada a pavimentación da estrada entre a Balsa e Piñeiro, en Tordoia


ree

O Concello de Tordoia informou hoxe da finalización das obras de pavimentación no último tramo da estrada que une a Balsa (Cabaleiros) con Piñeiro, en Viladavade. Esta vía queda así renovada cunha capa de aglomerado. A estrada ten 10 quilómetros de lonxitude e une as parroquias de Cabaleiros, Viladavade e Anxeriz.


ree

O Concello investiu nestas obras preto de 670.000€. Aseguran que se trata dunha "aposta pola transformación das principais vías de comunicación municipais", continuando, sinalan, o labor levado a cabo neste sentido nos últimos anos.


ree

Comentarios


bottom of page