Reparto solidario de alimentos en Cerceda
- Crónicas da comarca
- 8 jul 2021
- 1 Min. de lectura

O Concello de Cerceda informou onte de que ao longo desta semana foi feita a distribución dos alimentos que recibiu da Cruz Vermella a aquelas persoas que os solicitaron. Asegura a Administración local que continuará "a traballar para poder cubrir a carencia de alimentos, así como a tramitación de outras axudas, co fin de que as necesidades básicas de todos/as os/as veciños/as do noso concello sexan cubertas".




Comentarios