Roubo nun coche en Trazo
- Crónicas da comarca
- 16 dic 2021
- 1 Min. de lectura

O Concello de Trazo deu onte alerta polo roubo nun coche no lugar de Xixirei, na parroquia de Xavestre. Piden á veciñanza que lembre non deixar nada á vista no interior dos vehículos, como son carteiras, bolsos ou outros efectos persoais.
Igualmente, dende o Concello recomendan que ante calquera movemento sospeitoso se alerte á Garda Civil chamando ao 062.
Comments