Cerceda retoma a actividade cultural no Auditorio Municipal cun contacontos e unha obra de teatro familiar. O venres 15 de xaneiro ás 17.30 horas A trastenda dos contos achégase a Cerceda para contar “Contos de medo que deixan durmir” e o domingo 17 de xaneiro ás 18 horas, Baobab Teatro representará O Lobo e a Lúa.
O Concello lembra que as prazas son limitadas, e é preciso anotarse. Pódese facer no 981 68 50 01 ou no correo cultura@cerceda.es.
Comments