Semana Solidaria en Oroso do 2 ao 9 de outubro
- Crónicas da comarca
- 27 sept 2022
- 1 Min. de lectura

O Concello de Oroso presentou o venres 23 a I Semana Oroso Solidario, que se celebrará do 2 ao 9 de outubro e que promove cinco iniciativas benéficas nas que agardan contar unha vez máis coa colaboración e implicación da veciñanza.
As actividades inclúen unha Andaina Solidaria con Asanog Nenos Oncolóxicos Galicia, unha charla co título "Cruzar Europa con refuxiadas ucraínas", unha doazón de sangue, unha charla "Recycling" con recollida de bicis usadas e un partido solidario para recoller alimentos non perecedoiros.
O alcalde, Luís Rey Villaverde, afirma que "o que pretendemos con esta I Semana Oroso Solidario é facerlle un recoñecemento a quen se preocupa polos demais e pon en práctica un valor tan esencial como o da solidariedade e, ao mesmo tempo, lanzamos novos retos solidarios que permitan apoiar diferentes causas benéficas que merecen a axuda de todos".
Ademais do rexedor local, asistiron á presentación as concelleiras Beatriz Rodeiro Fernandez e Isabel Fernández, así como o presidente de Asanog Nenos Oncolóxicos Galicia, José María Fernández, e a coordinadora deste colectivo, Yenny Rodríguez.
Comments