O pasado venres tivo lugar a segunda edición do HumOroso co espectáculo musicial dos Tristes, Federico Pérez e Marcos Pereiro. O show, que causou moitas gargalladas, permitiu recadar 1.520 euros para a asociación Andaina Pro Saúde Mental.
Dende mañá saen á venda no Centro Cultural as entradas para o espectáculo "Sen restricións", que ofrecerán o vindeiro venres ás 20.30 horas Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro. Nesta ocasión, a recadación será para a Asociación Galega de Asperger (ASPERGA)
Comments