top of page

Teatro infantil en Oroso



“A Tartaruga Manola”, da compañía Malasombra, chega a Oroso o sábado 19 un espectáculo para cativos/as a partir dos 3 anos sobre o coidado do noso planeta.


Manola é unha tartaruga que vive nun estanque ata que decide emprender unha gran aventura, na que comproba como a contaminación, a deforestación e a falta de auga están empeorando o noso planeta. Con ela, aprenderemos como cada un de nós pode contribuir a frear a degradación do noso fogar, o planeta Terra.


A sesión de teatro será no Centro Cultural do Concello de Oroso o vindeiro sábado 19 de decembro ás 12:00. As inscricións fanse no 981690903, e haberá límite de aforo. O espectáculo contará con todas as medidas de seguridade sanitaria indicadas polas autoridades.

Commentaires


bottom of page